Comercialización

A comercialización de peixes e mariscos segue unha longa cadea de distribución dende a sua captura no mar ata que chega o prato do consumidor final. No caso dos moluscos bivalvos, este percorrido complicase aínda máis debido a necesidade destes organismos de pasar obrigatoriamente por un centro de depuración antes de ser consumidos.
Lonxa de mariscos no porto de Vigo
En Galicia, o Decreto 419/1993 do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco, establece, entre outras as seguintes condicións:

- Soamente poderán descargar e, se é o caso, vende-los productos da pesca en fresco as persoas físicas ou xurídicas que teñan en vigor o oportuno permiso de explotación (PERMEX).

- A pesca en fresco descargada nos portos ou centros de descarga da Comunidade Autónoma galega terá que ser poxada obrigatoriamente nas lonxas ou centros de venda situados nela e autorizados regulamentariamente.

- Únicamente se poderán dedicar a adquisición de productos frescos da pesca e do marisqueo en lonxas ou centros de venda:
    a) Os vendedores por xunto (maioristas) de peixe ou marisco fresco, sexan persoas físicas ou xurídicas que estean de alta na matrícula de actividades económicas.
    b) Os comerciantes retallistas (minoristas) de productos frescos da pesca da localidade onde radique o porto no que se efectúen as compras.
    c) Os industriais que se dediquen a calquera tipo de transformación de peixe ou marisco en fresco.
    d) Os armadores, respecto das partidas da súa propia pesca sobre a que realicen directamente a venda e expedición, se é o caso, a outros centros de consumo.

- Os particulares poderán adquirir directamente, en lonxas ou centros de venda, ata unha cantidade non superior a 3 Kg de producto. Na actualidade, aínda que a lei permite a venda a particulares, os sistemas de automatización das vendas e incluso a negativa de moitas lonxas a permitir o acceso a particulares traducese en que estas vendas a xente axena a comercialización sexa moi minoritaria e restrinxida a tan só un 10% das rulas galegas, xeralmente lonxas de pequenas localidades costeiras.

- A poxa realizarese á baixa e antes do seu comezo expoñerase a totalidade das especies no lugar destinado para o tal efecto.

- Rematada  a venda, a entidade concesionaria expediralle unha factura, albará ou unha copia compulsada destas a cada comprador, indicando as especies e mailo peso de cada unha, o nome do comprador e o destino da pesca, así como o documento de rexistro.

- Ó efectua-las vendas, os comerciantes polo xunto dos productos frescos da pesca, algas e da acuicultura, deberán estender unha factura ou albará no que se fagan constar, polo menos, os seguintes datos:
  1. Lugar de procedencia do producto.
  2. Nome ou denominación social do vendedor anterior.
  3. Nome ou denominación social do comprador.
  4. Especie e peso en quilos da mercadoría.
  5. Data e sinatura.
- Os comerciantes retallistas que en calquera tipo de establecementos se dediquen á actividade comercial dos productos citados, deberán esixirlle ó vendedor a entrega da correspondente factura ou albará.

Non caso do marisqueo, as Agrupacións de Mariscadores, as Confrarías de Pescadores e os propios mariscadores organizanse para poñer as suas capturas do día na lonxa, garantindo a súa orixe e a máxima frescura.

Os socios da Agrupación de Mariscadores "Illa de Toralla" venden regularmente as súas capturas na Lonxa de Mariscos do porto pesqueiro de Vigo, onde acoden os compradores maioristas, minoristas e intermediarios.

Ademáis adoitamos facer venta directa dos nosos productos procurando a máxima calidade e os mellores prezos. Se estas interesado en adquirir as nosas ameixas, non dubides en poñerte en contacto con nos.