Bancos marisqueiros

Na actualidade os mariscadores/as da Agrupación "Illa de Toralla" teñan autorización para traballar na subzona de explotación GAL 11/04, que se corresponde ca parte media da Ría de Vigo, nos bancos de:

A Guía (VI 063)
Canido-Serral (VI 064)
Toralla (VI 065)
Bouzas (VI 066)
Etea (VI 183)
Vulcano (VI 184)

Estes bancos permanecerán abertos a extracción de ameixa fina, ameixa babosa e ameixa bicuda entre os meses de xaneiro e decembro, cunha veda de dous meses o longo do ano.


Canido-Serral

Comprende toda a praia de Canido, dende o porto ata a ponte de Toralla, incluida a punta do Serral que protexe o areal de Canido. Constitúe unha importante área de fixación de semente e crecemento de ameixa fina de excelente calidade, tanto pola sua cor clara coma polo gran tamaño que pode acadar. Na actualidade este banco esta ameazado polo proxecto de instalación dun porto deportivo a continuación do actual porto pesqueiro o que faria perigar continuidade da ameixa neste areal.
Banco marisqueiro do Serral e Praia de Canido.
Illa de Toralla

A Illa de Toralla está unida a praia de O Vao a traves dunha ponte construida polos propietarios da illa para a súa urbanización nos anos 70. Esta ponte modificou o perfíl da praia e dividiuna e dúas partes ben diferenciadas, unha orientada cara o nordés e a outra cara o sur da ponte. A cara norte aguanta mellor os temporais e forma un banco de area moi rico en ameixa babosa, ameixa fina e ameixa bicuda. Esta zona está compartida polos mariscadores a pé e polas embarcacions da Ría de Vigo que veñen mariscar nos meses antes do nadal.

Bancos marisqueiros da Illa de Toralla.
Bouzas

O recheo de Bouzas sepultou o banco marisqueiro máis productivo da ría de Vigo. Dende o ano 1956 comeronlle o mar máis de 1 millón de metros cadrados. Unha consecuencia evidente dos aterramentos masivos foi a perda dos bancos naturais de marisco.

Na actualidade, a zona de marisqueo quedou reducida a un pequeno areal na vila de Bouzas, ameazado polo paseo marítimo e o porto deportivo. A súa productividade baixou, aínda que segue a ser unha importante zona de fixación e desenvolvemento de semente de ameixa e berberecho. Nembargantes a presenza masiva e continuada de furtivos, principalmente veciños da zona, impide a explotación racional e sostible do recurso.

A Guía

Na praia de A Punta, a beira do monte de A Guía, atopase un dos maiores bancos marisqueiros da marxe sur da ría de Vigo. Aínda que moi explotado polos furtivos e as embarcacións, que se achegan ata a zona intermareal da praia, segue sendo unha importante zona de producción de ameixa babosa. E frecuente atopar tamén navalla, ameixa fina e moita ameixa reló, xa que o croque, noutro tempo moi abundante, semella estar completamente desaparecido.

Bancos marisqueiros de Bouzas (esquerda) e A Guia-ETEA (dereita).
Como podedes ver, os bancos marisqueiros desta zona da Ría de Vigo atopanse en continuo retroceso, tanto pola enorme presión urbanistica (recheos, paseos marítimos, portos deportivos, etc) como pola sobreexplotación que sen ningún tipo de control realizan os furtivos.

Dende a Agrupación de mariscadoras/es a pé "Illa de Toralla" vixiamos e coidamos os bancos marisqueiros e facemos chegar continuamente as correspondentes denuncias as forzas competentes nesta materia (Gardacostas da Consellería do Mar, Policia Autonómica e Seprona da Garda Civil) co obxectivo de erradicar a lacra do furtivismo. Porén, a escaseza e ineficacia de medios disponibles e o actual marco xurídico non axuda a protección dos recursos. Os furtivos actuan con total impunidade e se cadra levan unha sanción administrativa e multa, que a meirande parte das veces o pertencer a colectivos marxinais e insolventes, xamais van pagar e ni tan sequera impedirá a súa reincidencia.

Somos conscientes das dificultades a hora de atallar este mal endémico do noso mar. Polo que cumpre facer un esforzo, nós os primeiros, para facer entender a xente a importancia de respetar e controlar a extracción de mariscos e de calquera outro recurso mariño a fin de asegurar a continuidade da pesca e do marisqueo nas rías galegas.

Ubicación exacta dos bancos en Google maps:

Ver Bancos de marisqueo a pé da Confraría de Vigo en un mapa más grande