Segundo a Lei de pesca de Galicia, enténdese por marisqueo o exercicio da actividade extractiva, desenvolvida a pé ou desde embarcación, na zona marítima ou marítimo-terrestre dirixida de modo exclusivo e con artes selectivas e específicas á captura dunha ou varias especies de moluscos, crustáceos, tunicados, equinodermos e outros invertebrados mariños, con fins de comercialización.
No ano 2010, rexistraronse 4.123 permisos de marsiqueo a pé (pescadegalicia) e 2.571 embarcacións na modalidade de marisqueo (Rexistro de buques). No caso do marisqueo a pé o 90% corresponde a mulleres, mentras que o marisqueo a flote está realizado principalmente por homes.
Zonas de marisqueo
As zonas de explotación marisqueira clasifícanse en:
- Zonas de libre marisqueo: bancos naturais cuxa explotación non está suxeita a unha autorización ou concesión administrativa. A consellería competente determinará periodicamente as zonas de libre marisqueo, coa participación do sector.
- Zonas de autorización marisqueira: bancos naturais ou porcións deles cuxa explotación se outorga en uso privativo normal a título precario para a súa explotación en réxime de exclusividade.
- Zonas de concesión marisqueira: bancos naturais ou porcións deles cuxa explotación se outorga en uso privativo anormal que implique o dereito a ocupación, uso ou gozo en réxime temporal.
Os parques de cultivo son concesions administrativas a entidades privadas. Están situados na zona marítimo-terrestre e adicanse principalmente o cultivo de ameixa fina, babosa e xapónica. En Galicia hai 1.134 parques de cultivo, dos cales uns 1.000 están situados en Carril.
Permiso de explotación (permex)
A extracción de moluscos en zonas de autorización marisqueira ou de libre marisqueo é realizado polas agrupacións de mariscadores e para o exercicio do marisqueo se requirirá estar en posesión de:
a) O permiso de explotación para o marisqueo a pé.
b) A modalidade de marisqueo no permiso de explotación da embarcación.
O permiso de explotación para o marisqueo a pé será expedido a nome dunha persoa física a título individual e intransferible. Para a súa obtención requirirase ter a cualificación profesional correspondente. Outorgarase por un período dun ano, e renovarase anualmente.
A Xunta de Galicia estableceu os requisitos para a obtención, a renovación, a perda ou a suspensión das habilitacións para o exercicio do marisqueo mediante a Orde do 15 de xullo de 2011 que regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé.
A Xunta de Galicia estableceu os requisitos para a obtención, a renovación, a perda ou a suspensión das habilitacións para o exercicio do marisqueo mediante a Orde do 15 de xullo de 2011 que regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé.
O exercicio do marisqueo desde embarcación requirirá dispor da modalidade de marisqueo no permiso de explotación da embarcación. Para o exercicio do marisqueo desde embarcación soamente se poderán empregar embarcacións incluídas no Censo da frota pesqueira operativa e no Rexistro de buques pesqueiros de Galicia.
Plans de explotación
O Decreto 423/1993, de 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, modificado polo Decreto 237/2002, de 11 de xullo, establece que a extracción de marisco e a recolección de algas estarán suxeitas ao Plan Xeral de Explotación Marisqueira, aprobado con carácter anual pola Consellería do Mar.
O Decreto 423/1993, de 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, modificado polo Decreto 237/2002, de 11 de xullo, establece que a extracción de marisco e a recolección de algas estarán suxeitas ao Plan Xeral de Explotación Marisqueira, aprobado con carácter anual pola Consellería do Mar.
Os Plans Xerais de Explotación son un conxunto de normas e orientacións, destinadas a regular e programar devandita extracción e recolección que só poderá ser exercida por persoas e embarcacións con permiso de explotación (PERMEX). Estes plans son aprobados por orde da Consellería do Mar, logo de consultar coas entidades representativas do sector (Plan Xeral de Explotación Marisqueira 2014)
Nestes plans de explotación intégranse:
- Plans de explotación para autorizacións marisqueiras. Elaborados polas súas entidades titulares e presentados nas Delegacións Territoriais da Consellería do Mar axustándose ao seguinte esquema: número de mariscadores e embarcacións proposto; períodos e zonas de explotación; número de días previsto de actividade; normas de comercialización, vixilancia e tope de capturas por especies, por mariscador e por día.
- Normas de explotación para zonas de libre marisqueo. Elaboradas de oficio pola Consellería do Mar logo de consultar cos representantes do sector e as asistencias técnicas. Neste caso, pode a Dirección Xeral de Recursos Mariños, modificar as especies, períodos e zonas de extracción establecida nas normas.
- Plans específicos de explotación para zonas de libre marisqueo. Elaborados polas confrarías ou entidades asociativas do sector axustándose aos prazos e esquema dos Plans de Explotación.