Quén somos?

A Agrupación de mariscadoras/es "Illa de Toralla" está formada polos socios da Confraría de Pescadores "San Francisco" de Vigo, pertencentes o sector do marisqueo a pé, para a defensa dos intereses económicos e profesionais do sector no ámbito territorial da confraría.

Poderán ser membros da Agrupación todas aquelas persoas físicas que se dediquen o marisqueo a pé, que posúan o título habilitante correspondente e sexan membros da Confraría de Pescadores "San Francisco" de Vigo.

Son órganos rectores da Agrupación: a Asamblea Xeral, a Xunta Directiva e o Presidente.
  • A Asamblea Xeral é o órgano superior de decisión da Agrupación, estando constituida pola totalidade dos seus membros que participan nela con voz e voto.
  • A Xunta Directiva é o órgano de goberno da Agrupación. Estará composta por: o Presidente da Agrupación, o Secretario, o Tesoureiro e tres Vocais.
  • O Presidente correspondelle a labor de dirección da Agrupación e de representación da mesma diante dos órganos rectores da confraría.