Especies

As distintas especies de ameixas extraidas dos bancos marisqueiros pertencen o grupo dos moluscos bivalvos. Ademais das ameixas, tamén pertencen a este coñecido grupo de animais outras especies tan importantes como os mexillóns, as navallas, as ostras e as vieiras. Todas elas caracterizanse por ter o corpo brando, protexido por unha cuncha caliza formada por duas valvas. A forma da cuncha e a superficie externa pode ser moi variable e permite diferenciar unhas especies doutras.

Os moluscos son animais filtradores: alimentanse filtrando a auga do mar e retendo as partículas alimenticias, principalmente fitoplancto e outras partículas orgánicas.

Os sifons son aberturas con forma de tubo que extenden cara fóra cando están enterrados no fondo e que empregan para o intercambio de auga. Estes poden ser longos e separados en especies excavadoras que escollen o alimento da area ou curtos e soldados nas especies excavadoras que collen o alimento en suspensión.

Outras partes importantes da anatomía dos bivalvos e que se poden ver a simple vista son: o , que empregan para excavar os fondos onde viven enterradas; as branquias que ademais de servir para o intercambio gaseoso empregan como filtros para recoller o alimento en suspensión; e os musculos aductores, que empregan para abrir e pechar as valvas.

As especies de moluscos bivalvos extraidas polas mariscadoras/es a pé da Confraría de Pescadores de Vigo son: ameixa fina, ameixa babosa e ameixa bicuda.

AMEIXA FINA (Ruditappes decussatus)

A cuncha, formada por duas valvas, é de forma ovalada, co borde posterior formando un lixeiro ángulo recto. A cor da cuncha é moi variable dependendo da natureza do fondo onde habitan, e pode variar dende branca ata moi oscura, case negra, pasando por tonos pardos ou acastañados.
 
Esta especie caracterizase por ter os sifons longos e separados un do outro en toda a sua lonxitude, e a cara externa da cuncha surcada por estrias radiais e concentricas formando unha especie de cuadricula.
 
É a especie de ameixa máis cotizada, tanto polo seu sabor como pola súa facilidade de manexo, pois aguanta bastantes horas en seco. Cóménse frescas, tanto crúas como cociñadas.
  • Tamaño mínimo comercial: 40 mm
  • Outros nomes: ameixa sa, ameixa femia, ameixa de lei
Ameixa fina. Podense apreciar as liñas na cara externa da cuncha que forman uns cadriños característicos
A máis grande tamén se chama "de limón" ou "de coitelo" xa que é o tamaño ideal para xantar en crú acompañada dunhas gotas de limón.

AMEIXA BABOSA (Venerupis pullastra)

Especie semellante a anterior da que se diferencia pola cuncha e os sifóns. Nesta especie os sifons son máis curtos e están soldados. As estrías da cuncha están menos marcadas, apreciandose unicamente as liñas concéntricas, pero non as radiais.

A súa cor pode variar dende branca a gris oscuro ou crema, con bandas dunha tonalidade máis intensa e unhas liñas que se debuxan na cuncha en paralelo o seu borde. Habitan nun nivel máis inferior ca ameixa fina, case sempre no submareal, e en fondos de area fina e fangosa.
Ameixa babosa. Os patróns dos debuxos da cuncha e as tonaliadades poden variar segundo o sustrato que habiten.
Adoitamos atopalas frescas nos mercados e pódense preparar segundo as formas tradicionais, estando especialmente indicada para facer "a mariñeira". É máis delicada cas outras ameixas, aguanta menos tempo fóra da auga, polo que é convinte extremar os coidados na súa manipulación, mantedoas a sombra e a temperatura fresca.
  • Tamaño mínimo comercial: 38 o 35 mm (segundo a zona)
  • Outros nomes: ameixa macho, ameixa branca
Aínda que predominan as cores brancas, pardas e negras, pódense atopar amarelos, vermellos e violaceos.
AMEIXA BICUDA (Venerupis aurea)

A cuncha é forte, pequena e máis longa que ancha, polo que a primeira ollada podense apreciar a súa forma máis triangular, con dous "picos" característicos. Normalmente é de menor tamaño cás ameixas fina e babosa. Ten moitas liñas concéntricas e liñas radiais moi finas, aínda que apenas se aprecian.

A súa cor pode variar entre branca e amarela e presentar manchas irregulares. Existen dous tipos claramente diferenciados: un deles é amarelado e con pintas irregulares o longo de toda a cuncha, e o outro é branco cunha mancha escura no borde exterior das valvas.
  • Tamaño mínimo comercial:  25 mm
  • Outros nomes: ameixa margarita, chirla, brava ou bruxa

OUTRAS ESPECIES

Ademais das ameixas descritas anteriormente, que extraemos segundo o plan de explotación aprobado, é frecuente atopar otras moitas especies de moluscos e crustaceos, que habitan nas mesmas zonas onde traballamos.
Ameixa rubia (Venerupis rhomboides), cornicha (Spisula solida),
ameixa reló (Dosinia exoleta) e rabioso (Glycimeris glycimeris).
Ameixón (Callista chione), carneiro (Venus verrucosa),
berberecho macho (Acanthocardia echinata) e marolo (Acanthocardia tuberculata)

Arcopagia crassa (sin. Tellina crassa), berberecho ou croque (Cerastoderma edule)
e arola (Lutraria lutraria)